Molusco bivalvo da familia dos venéridos parecido á ameixa, de cuncha sólida, grosa, de perfil triangular e con estrías concéntricas
Etimoloxía
Crese que vén desde o éuscaro txirla e este do latín scilla ‘cebola mariña’.
Exemplos *
“Aproveitándose desta sona, "non hai mercado en España que non poña o cartel de Ameixas de Carril para facilita-la súa venda, cando na realidade son chirlas ou xaponesas "” (Fina Casalderrey e Mariano García: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico. 1994)
“E ademais controlábanche o tempo en cada fronteira. Era criminal. Andabamos a carretar mexillón para alá e chirla para Galicia. ¡Vaia historia! Había outros que levaban pedra do Porriño.” (Francisco Alonso: Trailer, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.