chirlar

Paxaro emitir a súa voz característica

Etimoloxía

Voz onomatopea.

Exemplos *

“Berrou Urraca e o berro resoou polos longos, inacabables pesadelos confundíndose co chirlar das choias.” (María Gándara: Magog, 1997)

“O aire fórase encharcando dun mesto perfume de cimois, xestas, uces e demais plantas que botan galais por primavera, e maio, como asín ten que ser, deixouse ver ca súa pelica engaiolada entremedias dun constante chirlar de coros de paxaros.” (Aquilino Poncelas Abella: O mestro púxose louco, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.