chirlas

Molusco bivalvo, da familia dos venéridos (Venus gallina), parecido á ameixa, de cuncha sólida, grosa, arredondada e con estrías.

Etimoloxía

É probable que proveña do latín scilla ‘cebola mariña’, que nos chegou a través do éuscaro.

Exemplos *

"… non hai mercado en España que non poña o cartel de Ameixas de Carril para facilita-la súa venda, cando na realidade son chirlas ou xaponesas." (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)

"… o máis inxusto son as importacións de chirla italiana, que se veñen facendo arreo sen necesidade, sen razón ningunha." (Manoel Riveiro Loureiro: O patrón)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.