Que está eufórico a causa da bebida
Etimoloxía
Voz que se relaciona co substantivo “chispa” na acepción coloquial “intoxicación etílica que produce un estado de alegría” que ten unha orixe onomatopeica.
Exemplos *
“O sabio viu claro que era asunto de tensión e recomendoulle máis comida e uns coñacs para afrontar a xornada investigadora con máis folgos. Seguiu os consellos pero só chegou a estar medio chispo e cunha somnolencia que lle impedía calquera traballo pola tarde.” (Paco Carro: Tempo Ordinario (Historias de Compostela), 2014)
“Os dous mariños máis novos comezan a dar sinais de bebedela no atrapallamento da súa leria. De socate, o vello nauta, tras escoitar aquelas esaxeradas e inconsistentes aventuras dos seus chispos interlocutores, non podendo aturar o peso das lembranzas, fainos calar cun aceno das súas mans.” (L.C. Carballal: Historias non irreais / Lembranzas de Antioquía, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


