chistera

Sombreiro de copa alta con forma de cilindro e plana por riba, que se usa en cerimonias ou actos solemnes

Etimoloxía

Voz que recollemos do éuscaro txistera, e este remite ao latín cistella 'cestiña'.

Exemplos *

“Ó regresar, viu como Franquila lle puxera o chapeu a Marina: todos, incluíndo frei Modesto, rían das grazas da moza mentres finxía saudalos inclinando a chistera, que facía xogo co seu eterno vestido negro.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)

“Ao véreno, volvéronse todos para saudalo coas chisteras, acompañando o xesto cunha distinguida e marcada reverencia.” (Carlos Casares: Ilustrísima, 1980)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.