Que fai graza
Etimoloxía
Palabra derivada sobre estoutra “chiste” que procede “chistar” e se relaciona con “chist”, voz onomatopeica para chamar alguén.
Exemplos *
“Sentinme observada con curiosidade entomolóxica polas mulleres da casa. Non estaba para nada a gusto. Xerardo, o xefe, esforzábase por resultar alegremente falador e chistoso.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Como paxaro caído do niño, 2006)
“Moisés, en realidade, non se chamaba Moisés, senón Alberto, mais cando nacera na ribeira de Vigo mentres a súa nai esperaba a chegada dos barcos de peixe, alguén, ao velo na patela das sardiñas, deu en chamarlle Moisés. E o bautismo e o Rexistro nunca puideron con aquela ocorrencia chistosa.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra / Mal de amores, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.