choca

Campaíña de metal que se pendura ao pescozo das reses de gando e que levan tamén algunhas máscaras do Entroido

Etimoloxía

Vocábulo que se pensa que entra desde o latín medieval clocca ‘campá’, pero de orixe celta.

Exemplos *

“Así, os mozos parecían vellos, os homes, mulleres e as mulleres novas, viúvas ou aleixadas. Asemade levaban chocas e chocallos colgados da cintura, para chamar a atención alí por onde pasaban.” (Rosa Pérez: Galicia Internacional, 2-1996)

“O desfile arrincou cunha nutrida representación de cigarróns, que coas súas chocas amenizaban e espabilaban o público.” (Marisa Martínez: O Correo Galego, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.