chocallada

Broma ou chiste groseiros ou de mal gusto // Ruído de chocallos ou chocas

Etimoloxía

A palabra fórmase sobre “chocallo” que se crea sobre estoutra “choca” que remite ao latín tardío clocca(m) ‘campá’.

Exemplos *

“Nesta proposta teatral de Castelao alúdese ás chocalladas cando un dos vellos casa cunha muller nova que deixa postergado ó seu pretendente mozo .” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX, 2007)

“Eu víaas todos os días nas cabinas de visionado, escachando a rir diante das chocalladas hiperenxebristas dun Xosé Luís Blanco Campaña comendo castañas naquel Ruada ou tocando o acordeón para goce do respectable.” (Luís Menéndez Villalva: Luzes, 19-7-2022)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.