chocallo

Choca pequena

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “choca” que vén do latín clocca de significado semellante.

Exemplos *

“Marián leva unha recreación do traxe de peliqueiro, con blusa, chaleco con lazos e unha saia da que colgan pola parte traseira abelorios en forma de chocallos. Vai toda en tons verdes e laranxas fortes.” (Santiago Cortegoso: A filla de Woody Allen / Pequenos actos pseudorrevolucionarios / O furancho, 2016)

“A faixa con picos e borlas, o cinto cos chocallos e as polainas negras, o bastón de mando coroado pola cola de raposa, todo o uniforme constitúeos no prezado símbolo de abasteza e autoridade populares en contraste coa sobriedade dos compoñentes do folión.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.