chocolatada

Comida a base de chocolate

Etimoloxía

Palabra que se forma sobre “chocolate” que vén do náhuatl xocoatl.

Exemplos *

“Don Xoán estaba gardando o gado, seis ou sete vacas ben mantidas que tiñan fama de dar o mellor leite da comarca -o que deixaba máis tona e facía mellor as manteigadas-. A pouco que arrefriaba, despois de muxilo, víanselle por enriba uns olliños marelos, que disque eran moi bos para facer as lambetadas das vodas e as chocolatadas da Primeira Comuñón.” (Xosé Luís Barreiro Rivas: O crego de Lebozán, 1992)

“Os máis miúdos terán tamén espazo no programa, que incluirá chocolatada, teatro de monicreques e a confección dun panel colectivo en "O Conxo que queremos", organizado para as 18.30 horas do sábado na praza Aurelio Aguirre.” (Laura R. Cuba: Nós Diario, 19-4-2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.