Local onde se fabrica ou vende chocolate
Etimoloxía
Voz derivada que toma como base o termo “chocolate” que se cre que pode vir do náhuatl xocoatl, onde xoco 'amargo' e atl é 'auga'.
Exemplos *
“Agora que estou diante da chocolatería e que Harmonía, sentada, tomando a súa cunca, fai que non me ve, que non me coñece, porque debo ter mal aspecto.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)
“Despois de batido márcanselle as onzas nas que se divide a libra de chocolate , deixase secar e queda lista para ser vendida. Tamén hai chocolateiros que cociñan e serven o chocolate na chocolatería.” (Xosé Antonio Fidalgo Santamarina: Os saberes tradicionais dos galegos, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


