Calquera traballo, asunto ou negocio.
Etimoloxía
Descoñécese a súa orixe.
Exemplos *
"Estando traballando neste choio, un día pedíronme se sabía forrar un armario no que tiña que haber un compartimento secreto. E eu dixen que si." (J.A. Xesteira: Contos de Familia)
"… poucos días despois do seu nomeamento como vicepresidente territorial púxose ao choio para cumprir a misión…" (Galicia Hoxe 19-04-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.