chope

Traballo bo e ben remunerado, bo negocio.

Etimoloxía

Descoñécese a súa orixe.

Exemplos *

"Supoño que algúns acudiron por se, nos canapés, aviaban un chope na administración; e outros, máis parvos, por alternar." (Tempos Novos 10-2005)

"O Pousa tiña o seu traballo na Facenda, aló no cabo da Vía Layetana, un bo chope, tranquilo…" (Xosé Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.