Árbore da familia das salicáceas, de folla caduca, flores pequenas reunidas en amentos e froito en cápsula, da que existen varias especies
Etimoloxía
Palabra que vén da latina *popplu desde a clásica populus designación da mesma árbore.
Exemplos *
“A última casa que compartiu coa súa familia estaba preto da vila. Era bonita, espazosa, un chalé dos anos corenta rodeado de chopos e cun xardín de roseiras que plantara a muller e que el estragara ao enchelo de quincalla.” (Anxos Sumai: A lúa da colleite, 2013)
“A luz, peneirada por copas de carballos sen esmoucar xamais e de chopos que arrimaban ó regato as súas raíces para medrar, era escasa e, mesturada coa imaxe outoniza das follas estradas polo chan.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


