choqueiro, -a

Persoa que vai disfrazada con chocas / Persoa disfrazada con calquera roupa

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre estoutro “chocas” que ten orixe onomatopeica e relaciónase coa forma do latín medieval *clocca ‘campá’.

Exemplos *

“Estaba só, mentres na aldea todo o mundo se xuntaba alborozado para participar na festa dos choqueiros, figuras entre cordiais e satánicas que o atraían de xeito case fatal.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)

“Habíao que ver na faena do seu cariz tan estrafalario, que máis ca un pesco semellaba un choqueiro, un antroido que tentaba o riso de quen o vise, por afeito que estivese xa a el.” (Manoel Riveiro Loureiro: O Patrón, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.