Flor do toxo ou da xesta
Etimoloxía
Palabra que remite ao latín florissima que é un derivado de flore ‘flor’.
Exemplos *
“Ébora, na primavera, cheiraba a mimosa e chorima, verde, e as cotovías danzaban no aire cos verderolos inquietos.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)
“Como lembro, daquel mesmo día, os toxos en flor, as... como é que se chaman?, as chorimas, xusto, as chorimas brillando, amarelas, entre as pingas de chuvia.” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.