chotis

Danza por parellas de orixe escocesa, parecida á polca, cun ritmo de catro tempos

Etimoloxía

Adaptación do termo alemán schottish ‘escocés’ co se designaba un baile que se popularizou en Alemaña no século XIX que procedía de Escocia.

Exemplos *

“...festas máis sonadas de Viveiro era a de San Roque, o patrón da vila, e na véspera —día de Nosa Señora— estábamos toda a noite a bailar no casino pasodobres («pasitos»), fox-trots, one-steps, tangos, valses lentos e algún chotis que nos deprendera a bailar a xeito un que veu de Madrid.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)

“Onde, ao levantarse pola mañá, o crítico ourensán, soia ensaiar, ante o espello do armario de lúa, os pases de tango, ou de chotis, que pola noitiña danzaría con algunha funcionaria ( xa non había modistillas ) nos bailes da Bombilla .” (Borobó: A Nosa Terra, 19-9-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.