choupana

Casa pequena e ruín construída con madeiras e con teito de palla, canas ou outro material semellante

Etimoloxía

A orixe da palabra é escura, crese que podería proceder do equivalente latino clupeana ou destoutra palabra clupeus ‘escudo’, ‘protección’.

Exemplos *

“E na choupana, sempre limpa como unha prata, todo era da Barreira: os dous pratos, a pouquiña roupa, o leito e o tallo, a ferrada e a petada de pensamentos que a nai plantara na cativa horta.” (Ricardo Carballo Calero: A xente na Barreira, 1951)

“Na súa parte superior distinguíase un grupo de casas ou choupanas, a pé das cales, nunha lingua marítima, había un rústico embarcadoiro construído con enormes cachotes de pedra.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.