Embutido feito cos pulmóns e outras vísceras do porco que non serven para o chourizo
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “chourizo” que nos leva ao baixo latín *sauricium que, á súa vez, remite ao latín salsicium ‘salchicha’.
Exemplos *
“O pedro, chourizo de cebola feito na tripa grosa do porco; coma é lóxico dura pouco tempo e adoita comerse axiña de curado. Chourelas, que son tamén de cebola mais entripadas no intestino delgado. Ben curadas, resisten bastante tempo.” (Xaquín Lorenzo: Etnografía: Cultura material – Historia de Galiza, 1962)
“Con eses mesmos ingredientes, pero en tripa delgada, elaboran a chourela ou chourizo de boche.” (Xosé Ramón Mariño Ferro: Antropoloxía de Galicia, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


