chourizo

Embutido feito de carne magra de porco e touciño, picados e adobados con pemento, allo e sal.

Etimoloxía

Apúntase como posibilidade que a forma primitiva sexa *sauricium, pero descoñécese a súa procedencia.

Exemplos *

“… entre todos, alegremente, de alí a dous días, compuxemos un cocido con estas viandas, chourizos, botelos e grelos …” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)

“Viña despois o xantar, que tiña como elemento principal a carne de porco a base de cachola, touciño, chourizos cocidos ou crus, xamón, cachelos con bacallau e ás veces torradas rebozadas en ovo …” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.