chousa

Terra de labor cercada, polo xeral de pouca extensión e situada preto da casa

Etimoloxía

Termo patrimonial que deriva do latín clausa ‘pechado’.

Exemplos *

“Nun momento, a ría lastrou as súas estremas sobre a tinta incerta de cortiñas e chousas, os raís do tren ben puideran prolongarse, entón, sobre a plana veciñanza das augas... Sinaloulle, tras a fiestra, as sombras do pequeno arquipélago e deletreoulle o nome: San Simón.” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

“Un xinete agochaba o seu cabalo nunha chousa cercada por altas sebes vexetais, non lonxe da enseada do Porto Valente. Era dona Mariña de Lobeira, que (...) saíra coa súa montura polo camiño do poñente para tomar logo un atallo á dereita.” (Xosé Mª Lema: Costa do solpor,2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.