choutar

Impulsarse cara a arriba, desprazándose ou non horizontalmente

Etimoloxía

Palabra de orixe incerta.

Exemplos *

“Cando menos diso sempre presumiu ela; de ser unha xota que andaba a choutar pola herba baixo o sol da primavera.” (Alfredo Conde Cid: María das Batallas, 2007).

“A rapaza púxose a choutar e salpicarse coa auga da fonte e tanta satisfacción lle producía o baño que se botou a rir” (Mª Xosé Queizán: Amantia, 1984).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.