chufar

Alguén facer burla de algo ou de alguén

Etimoloxía

Palabra que procede do verbo do latín vulgar sufilāre que nos remite ao latín clásico sībĭlāre ‘asubiar’.

Exemplos *

“Lóuvame, lovador, e louvareite, / di ben de min, que eu ben de ti direi, / cófame ben o lombo e cofareite, chúfame a min, que a ti eu chufarei...” (Florencio Delgado Gurriarán: “Asinus, asinum fricat”, O soño do guieiro, 1986)

“A cerimonia repetíase coa mesma xente cada semana ou cada quince días: regalos e saúdos, ademais da exhibición do señor Intendente no alto da peaña, a chufarse seguido de súa xenerosidade e da súa magnificencia.” (Víctor F. Freixanes: A cidade dos Césares, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.