chula

Torta elaborada con fariña, ovos e leite, que se frixe na tixola e á que se lle pode engadir azucre e outros ingredientes doces ou salgados

Etimoloxía

Crese que pode proceder do latín axungia ‘graxa de porco’.

Exemplos *

“O recendo inconfundible que subía desde a cociña cando estaban facendo chulas de leite.” (Carlos Casares: Deus sentado nun sillón azul, 1997)

“De sobremesa, filloas, freixós, orellas de frade, flores de Entroido, bica de Entroido, follas de limón, chulas e mil lambetadas máis que rematarán con luces apagadas, lapas azuis, requintadas aleluias de queimada e «Os Pinos» de Eduardo Pondal coa música de Pascual Veiga facendo patria.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí