chupete

Obxecto de plástico cunha goma elástica que se lles dá a chupar aos nenos pequenos para satisfacer o seu instinto de succión

Etimoloxía

Vocábulo que procede do verbo "chupar" e este é considerado unha onomatopea.

Exemplos *

“Por exemplo era moi corrente que a nai metese o chupete na súa boca para mollá-lo co seu cuspe antes de darllo ó meniño” (Manuel Reimóndez Portela: Un médico na aldea, 1992).

“Nalgúns lados, como na Arnoia, fanlle unha sorte de chupete con manteiga de vaca e azucre, envolto nun trapo e métenllo no bico pra que vaia zugando pouquiño a pouquiño” (Vicente Risco: Etnografía: Cultura espiritual (Historia de Galiza), 1962)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.