churrascada

Comida en que o prato principal é o churrasco

Etimoloxía

Termo derivado sobre o substantivo “churrasco” que é unha palabra de orixe onomatopeica polo ruído que fai a carne cociñada no lume.

Exemplos *

“Temos que quedar un día para xantar, na miña casa digo, que de comer fóra xa estou farto. (...) Eu encargo os camaróns, fago a churrascada e saco un viño tinto que me regalaron e que está para morrer. Vós traedes os mexillóns.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

“O equilibrio na dieta e manter algúns bos hábitos á hora de cociñar parecen mellor resposta que a de declararlle guerra aberta á churrascada ou ao xamón.” (Diana Mandiá: GCiencia. O portal da ciencia galega, 10-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.