churrasco

Carne asada á brasa.

Etimoloxía

A orixe deste termo parece ser onomatopeica polo ruído que fai a carne cociñada no lume.

Exemplos *

"Ata sobraron algúns toriños de crioulo e uns ósos de churrasco." (Xavier Manteiga: Morrer na herba)

"Fedor de cabuxo asado vivo, fedor de costela de porco, de churrasco." (Antón Lopo: Ganga)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.