Porción de masa feita con fariña e auga, en forma de cilindro con estrías, frixida en aceite.
Etimoloxía
De orixe incerta, crese que pode ser unha creación onomatopeica.
Exemplos *
"Supoxo que naquel intre andarían pola Alameda dando un paseo e comendo churros, como parte da xornada familiar dunha mañá de domingo." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)
"Heivos preparar unha cunca de chocolate con churros e mais filloas con mel." (Suso de Toro: Tic-tac)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.