churrusqueiro, -a

Que resulta agradable e simpático polo seu carácter, polo que di etc. / Dotado de garbo e elegancia

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “chusco” que significa ‘gracioso’, de orixe incerta.

Exemplos *

“Nas veas, canles azúes, / quente cachón a ferver. / Engados, doces engados; / as churrusqueiras olladas / son fonte a deitar engados.” (Florencio Delgado Gurriarán: “No vencello dos meus brazos”, A Bebedeira, 1934)

“A clase de búlgaro dábama unha dona moi fina, mestra, de media edade, belida e churrusqueira, que me recomendaran algúns colegas franceses aos que tamén daba clases.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.