Persoa que resulta simpática e á que lle gusta dicir as cousas cunha miga de broma ou burla
Etimoloxía
Termo de orixe incerta.
Exemplos *
“Cando tal ouvín aínda ceibei unha boa gargallada, e mais era a primeira vez que ría en moitísimo tempo. Éo, de certo que o é, que foi un dito ben chusco.” (Manuel Riveiro Loureiro: A gran novela, 1982)
“O camioneiro, chusco e pousón, fai bromas sobre eles e retruca sempre con segundas e frases de dobre sentido. Heladio intercambia miradas co rapaz. O estudante bebe, está feliz na compaña dos homes, e Heladio xoga con el a que son camaradas.” (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela,1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.