Bolo de pan de forma e tamaño semellantes ao que recibía o soldado como ración
Etimoloxía
Palabra de orixe incerta.
Exemplos *
“Correspondíanos a Roberto e mais a min permanecer durante horas facendo cola para conseguir un chusco de pan que sabía a cartón, ou medio quilo de lentellas, que despois cumpría limpar con xeito, escolléndoas case unha a unha, para quitarlles os gurgullos.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)
“Aínda que con el houbo máis benevolencia. El, a fin de contas, non pasaba dos dezasete anos, e só acabou dando cos seus ósos no cárcere, comendo chuscos de pan negro e potaxes intragables, e aterecendo de frío ata o 42.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.