chuvasqueiro

Peza de roupa impermeable para protexerse da chuvia.

Etimoloxía

Substantivo creado sobre chuvasco que deriva de chuvia e esta do latín pluvia, –ae 'auga de chuvia'.

Exemplos *

"O mariñeiro quitou a gorra e o chuvasqueiro de faena e dixounos no calgadoiro de ferro que había onda a porta." (Dolores Ruiz: Dentro da illa)

"Caldas permaneceu encollido no seu chuvasqueiro, coa poalla mollándolle a cabeza, a uns pasos do home que cubría a súa cun gorro impermeable." (Domingo Villar: A praia dos afogados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.