Caer chuvia miúda
Etimoloxía
Termo que deriva sobre o substantivo “chuvia” que é unha palabra procedente da latina pluvia ‘caer chuvia’.
Exemplos *
“Comezou a chuviñar e ningún dos dous levaba paraugas pero ti tiñas dúas puchas e déchesme unha.” (Xavier Senín: O Correo Galego, 9-5-2002)
“Fóra empezou a chuviñar e Hoffmann adormeceu co tamborileo infantil das pingas nos cristais.” (Miguel Anxo Murado: Ruído. Relatos de guerra/ Francotiradores, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.