Xoguete consistente nun canudo de madeira provisto dun émbolo, que se emprega para cichar auga
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o verbo “cichar” que é unha palabra de orixe onomatopeica.
Exemplos *
“A Ermitas vai pasando por eles as estrigas tascadas, que deixan aquí neste pente os montes de estopa. A Xovita recóllea e gárdaa para os moitos usos domésticos: para pechar as fendas das madeiras, para tapar os billotes das cubas, para xogar cos cichotes....” (Xosé Vázquez Pintor: Os vellos oficios, 1996)
“Os cichotes e os tiratacos, que disparan proxectís sólidos, fanse tamén coas canivelas do sabugo, que tamén valen para outros enxeños, tales como canos para auga, etc.” (R. Pérez y Verde e X. A. Tabernero Balsa: Xogos populares en Galicia, 1986)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.