Deporte que consiste en correr en bicicleta
Etimoloxía
Préstamo do francés cyclisme que significa o mesmo.
Exemplos *
“Eu practicaba a natación e o ciclismo, e de cando en cando matinaba aquilo da “obra” e os “obreiros” de que discutían meus irmáns tantas veces; e non lin máis que un libro, o grande libro da selva de Rudyard Kipling, no que os animais falaban como a xente.” (Xavier Alcalá: A nosa cinza, 1980)
“Desfrutaban non menos de todo tipo de divertimentos, xa que practicaban o fútbol, o boxeo, o ciclismo e outros moitos deportes; cultivaban a música e danzaban, e no lugar máis pequeno había, polo menos, un cine, un teatro e mais un circo.” (Antón Risco: Tres situación elementais, 1991)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.