ciclista

Persoa que anda en bicicleta

Etimoloxía

Préstamo tomado do equivalente francés cycliste

Exemplos *

“O TAC dérase a coñecer en marzo de 2010 na Praza do Obradoiro cunha obra de Mauricio Kagel para 111 ciclistas, levando a música contemporánea a rúa con intérpretes de excelencia subidos en bicicletas.” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 20-2-2014)

“Non se vía nin un só vehículo circulando pola estrada, alén dalgún ciclista ocasional e, de cando en vez, algún escangallado carromato de pneumáticos recauchutados tirado por algún rucho desastrado.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.