ciclocrós

Modalidade de ciclismo que se practica en terreo accidentado

Etimoloxía

Termo que é unha adaptación do equivalente do inglés cyclo-cross que é un vocábulo do deporte formado por cyclo- ‘roda’ ou ‘círculo’ e cross ‘a través do campo’.

Exemplos *

“Na actualización realizada hoxe pola UCI, do ránking de ciclocrós, o corredor de Maceda Paulo Rodríguez, que acumula un total de 22 puntos, sitúase terceiro no ránking UCI, detras do suízo Lars Foster e do belga Laurens Sweeck.” (Redacción: A Nosa Terra, 10-11-2010)

“El di que a preparou porque "un campión de verdade ten que adaptarse a correr ciclocross, na pista, en bici de montaña, en Dubai ou en Hong Kong".” (Martiño Suárez: Praza Pública, 30-7-2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.