cicloturismo

Turismo en que se utiliza a bicicleta como medio de transporte

Etimoloxía

Palabra que tomamos do francés cyclotourisme, que se forma co vocábulo cyclo- 'bicicleta' e a voz tourisme 'turismo'.

Exemplos *

“O novo camiño xacobeo é unha mestura de actividades deportivas emerxentes, como o sendeirismo, o cicloturismo e a hípica (formas de viaxar permitidas para recibir a Compostelana), con engadidos culturais, históricos, de aventura, mesmo amorosa, co antigo compoñente relixioso no transfundo.” (Santiago Lamas Crego: Galicia borrosa, 2004)

“Ourense será a etapa reina porque tamén é a provincia máis descoñecida para turismo e cicloturismo a pesar de ter estradas moi boas, que serían de continúo paso para os ciclistas se fosen máis coñecidas.” (E.P.: Galicia Confidencial, 13-12-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.