cidadanía

Conxunto de cidadáns

Etimoloxía

Creación feita sobre “cidadán” e esta sobre “cidade” que remite ao equivalente latino civitas ‘cidade’, ‘nación’ ou ‘patria’.

Exemplos *

“É a maneira máis cómoda de dirixirse á cidadanía, falándolle sen ter que escoitala, xogadores de vantaxe.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron / O corvo de chapapote, 2013)

“Hai que sensibilizar á cidadanía no bo goberno da auga, promovendo campañas de educación ambiental.” (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.