Asentamento humano de maior entidade ca a vila, cun elevado número de habitantes e alta densidade de poboación, dedicada principalmente aos sectores secundario e terciario
Etimoloxía
Palabra que vén do equivalente latino civitas.
Exemplos *
“Os veciños desa cidade téñenlle verdadeiro aprecio e non esquecen os favores que lles fixo nos anos da fame non subindo os prezos do trigo; seino de boa tinta.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
“É nos cineclubs onde a cidade experimenta esa compenetración intelectual e cultural co cine.” (Luís Álvarez Pousa: Un canto e unha luz na noite: Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


