Recinto fortificado dentro dunha cidade para dominala e defendela.
Etimoloxía
Deriva de cidade, que se remonta ao latín civitas, -atis, probablemente para adaptar o italiano cittadela, diminutivo de cidade.
Exemplos *
“A Coruña de comezos do XVI era unha cidadela fortificada (alguén a comparou coa Haute Ville ou Cidade Alta de Boulougne-Sur-Mer, aínda conservada) e así se mantería ata a primeira demolición das murallas no ano 1840 …” (Galicia Hoxe 20-02-2005)
“A través da súa cámara amosábame emocionado os mares de tellados que cinguían en suaves banzos a cidadela medieval …” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.