Conxunto dos sistemas de coñecemento con obxecto e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar
Etimoloxía
Palabra culta que procede da latina scientia ‘coñecemento’.
Exemplos *
Citas:
“Desde as discusións terminolóxicas á elaboración dun aparato conceptual, boa parte do noso quefacer intelectual, ciencia incluída, non é máis que un conxunto de procedementos sistemáticos encamiñados a perfeccionaren as nosas aproximacións sobre a realidade.” (Teresa Moure: Queer-mos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións, 2012)
“Co tempo a ciencia vai desbotando ideas que parecían boas e cambiándoas por outras que se axustan mellor aos datos recompilados.” (Xurxo Mariño: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida / Prólogo, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


