científico, -a

Persoa que estuda as ciencias, que é especialista nalgunha ciencia

Etimoloxía

Substantivo procedente do latín medieval scientificus de significado semellante.

Exemplos *

“Demetrio, dixo Frans, ao que acompañaba Yuriko, científica xaponesa que tamén decidira tomar clases de español, fixemos balance deste primeiro ano e quereriamos comentarche algunhas peculiaridades que atopamos.” (Alejandro Tobar: Cremalleiras, 2008)

“O único científico galego que mantivo contacto con Darwin foi Víctor López Seoane.” (Xosé A. Fraga: O darwinismo e Galicia, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.