cilindro

Peza do motor de forma cilíndrica, onde se move o pistón.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín, pero este tomouno do grego kylindros 'obxecto cilíndrico'.

Exemplos *

"… o seu motor poderoso de oito cilindros, o seu motor de 5401 centímetros cúbicos, é capaz de o poñer a cento setenta quilómetros por hora, cento setenta, coma se por vez de rodar un xigante de máis de dous mil quilos, estivese a voar unha pluma." (Xavier López López: O caderno)

"Quen che diría a ti que farías esta viaxe comigo nun coche coma o dos ministros. Os ministros daquela época, claro. É un DODGE DART 3700 4, seis cilindros, propulsión traseira, cambio automático …" (Xoán C. Rodríguez: Occidencia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.