cimento

Parte inferior dunha construción, xeralmente situada baixo a superficie do solo e que soporta o seu peso

Etimoloxía

Vocábulo que chega da palabra latina caementum, -i ‘pedra miúda’ ou ‘cimento’.

Exemplos *

“A torre mantívose ergueita a pesares dos cañonazos. Os seus cimentos descansaban sobre os penedos onde batía o mar.” (Xoán Bernández Vilar: Un home de Vilameán. Anatomía dunha revolución, 1976)

“O incendio abrirá as simas da terra , removerá os cimentos das casas , e polas regandixas e fendeduras da catástrofe aparecían á luz por primeira vez os habitantes aqueles da catacumba.” (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia, 1982)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.