cineasta

Persoa que desempeña unha actividade creadora ou técnica relacionada co cine, especialmente a de director

Etimoloxía

Préstamo do francés cinéaste de significado semellante.

Exemplos *

“A teórica de cine e tamén cineasta Laura Mulvey foi a pioneira en introducir a perspectiva feminista na análise fílmica.” (Chis Oliveira e Amada Traba: Ám@me. Pensar o amor no século XXI, 2018)

“Bong Joon-ho na edición de Sight & Sound correspondente ao mes de febreiro de 2020 incluía a Oliver Laxe na súa listaxe dos vinte cineastas que van influír de xeito significativo no cinema da década que agora comeza.” (Xosé Nogueira: Lume na periferia. Para unha historia do cinema en lingua galega, 2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.