cinéfilo, -a

Afeccionado e gran coñecedor do cine

Etimoloxía

Vocábulo derivado formado co sufixo de orixe grega "-filo" (amigo) agregado á base “cine” que é froito de acurtar a voz “cinematógrafo”.

Exemplos *

“Redención, procura, drama e a importancia das raíces nunha película baseada en feitos reais que fará as delicias dos amantes das historias humanas e de cinéfilos cun mínimo de sensibilidade.” (Andrés Castro García: Sermos Galiza, 28-8-2014)

“Esta película marcou para sempre a memoria colectiva de calquera cinéfilo coa escena na que o artista, ante o espello do seu camerino, vai desposuíndose dos seus atributos de cómico ata quedar transformado nunha patética e desgazadora máscara de si mesmo.” (A. Castillejo: Galicia Hoxe, 19-4-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.