cinema

Arte de rexistrar fotografías nunha película e proxectalas nunha pantalla como imaxes en movemento / Obra ou produto cinematográfico

Etimoloxía

Palabra produto de acurtar estoutro termo “cinematógrafo” que bebe, á súa vez, do equivalente francés cinématografe que é unha formación con palabras de orixe grega kínema ‘movemento’ e graphe ‘grafo’.

Exemplos *

“A cultura posmoderna, xa sexa a través da televisión e o cinema, xa sexa a través da arquitectura e o deseño urbano, constitúe unha cultura visual.” (Xosé Constenla Vega: O colapso territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país, 2018)

“O cinema contemplativo presupón a predisposición do espectador. (...) Non abonda coas máis que sobradas dotes de autor.” (J. Carou: Sermos Galiza, 14-9-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.