Doutrina filosófica grega, representada por Antístenes e Dióxenes (século VI a.C.), que buscaba a felicidade mediante o regreso á natureza e desprezaba as convencións sociais / Calidade ou actitude da persoa cínica
Etimoloxía
Chega á nosa lingua a través do latín cynismus, que, á súa vez, bebe do grego kynismós ‘pensamento dos cínicos’.
Exemplos *
“Os máis rexoubeiros gozan co cinismo descarnado do matrimonio Underwood en The House of Cards.” (Antón Lado: Luzes, nº 26, 11-2016)
“Dora adopta unha carauta de cinismo histriónico. "Parece ser que perdemos a comunicación con Pedro e entrementres agardamos que volva ter cobertura, imos escoitar o primeiro disco desta noite".” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.