cinto de seguridade

Cinto que suxeita o viaxeiro ao asento do vehículo para que non se golpee en caso de accidente.

Etimoloxía

A expresión fórmase coa palabra cinto, que remite ao verbo latino cingere 'cinguir' e seguridade, tamén do latín, neste caso de securitas, -atis 'sosego, seguridade'.

Exemplos *

"Un ruído atroz, coma se o coche se lle desfixese en mil anacos, asoloulle os oídos ó tempo que saíu disparado para diante, sufriu o trompetazo do cinto de seguridade que lle retiña o corpo e volveu para atrás, batendo contra o repousacabezas." (Francisco Alonso: Cemiterio de elefantes)

"Joseph e Shannon interromperon, momentaneamente, a súa discusión, observáronse en silencio un ó outro durante un par de segundos e cada un fixo uso apresuradamente do seu cinto de seguridade." (Carlos Vila Sexto: Cara á fin da luz)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.